Wednesday 24 de April de 2024

A Deputación da Coruña inviste preto dun millón de euros na ampliación da estrada DP-7103 de Laranga A Olveira, en Porto do Son


Os traballos inclúen o ancheamento do viario, a mellora do firme e a construción de beirarrúas

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou estes días as obras de ampliación que se están a realizar na estrada DP-7103, de Laranga a Olveira por Seráns e que comunica os municipios de Porto do Son e Ribeira.

As actuacións, cun orzamento de licitación de 1,4 millóns, foron contratadas finalmente por 984.785,40 euros. O proxecto contempla a ampliación da plataforma ata os 9 metros (agora ten 4,5 metros) e a mellora do trazado ao longo de 6,224 quilómetros que corresponden ao tramo que discorre por Porto do Son. Está prevista, igualmente, a mellora do trazado rectificando curvas e incluíndo variantes da estrada naquelas zonas que presenten aliñacións insuficientes.

Ademais, tamén se prevé a execución de tres tramos a beirarrúas e a canalización de pluviais e o saneamento, así como a reposición dos servizos que poidan verse afectados polas obras. A obra completarase coa substitución das obras de drenaxe e a sinalización.

Ata o momento está rematado o firme e a conclusión da obra depende da mellora da climatoloxía, cunha previsión de dous meses a contar a partir da reanudación dos traballos.

Neste senso, e debido as fortes choivas das últimas semanas, técnicos da Deputación contactaron coa empresa concesionaria dos traballos para mitigar as molestias que poidan ocasionar o desenrolo das obras.